Portada del libro V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico - ISBN: 9788499142357

V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Freixeira Ferreira, Eva; Pacho Blanco, Xosé Manuel; Montero Martínez, Rebeca; Manuel Román

15.24€ / 16.05€ Comprar libro

Xosé Manuel Pacho Blanco foi o gañador do Vo Premio de Teatro Radiofónico “Diario Cultural” da Radio Galega pola súa obra Paraísos acadando tanto o Premio do Xurado como o Premio da Audiencia. O xurado, formado por Ana Vallés, dramaturga e directora de teatro; Vanesa M. Sotelo, dramaturga e gañadora da IV edición do premio; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Ana Rosales, responsable de comunicación de AGADIC; e Ana Romaní e Anxo Quintela, directora e redactor do Diario Cultural da Radio Galega, acordou concederlle o premio á obra titulada Paraísos. O libro cedé coeditado por Xerais e a Radio Galega, ademais da obra gañadora, inclúe os textos e as gravacións das tres obras finalistas “Como eliminar as manchas de vómito” de Eva Freixeira Ferreira, “Carne de canón” de Rebeca Montero Martínez e “Señora Carme” de Manuel Román.

Características