Portada del libro Unha historia que non vou contar - ISBN: 9788499140612

Unha historia que non vou contar

Cid Cabido, Xosé

16.14€ / 17.00€ Comprar libro

Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habita un apartamento en plena Porta do Sol viguesa, fronte ao Sereo de Leiro. A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, de humor, de orixinalidade e de constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido. Unha historia que non vou contar enfronta ao lector ás miserias e contradicións da sociedade viguesa dos últimos estertores do franquismo e, ao tempo, convídao a repensar a propia construción literaria do que é unha novela, botando man dos recursos narrativos propios da non ficción. Sen dúbida ningunha, estamos diante dun gran libro, que suscitará interese e debate dos lectores e da propia crítica literaria.

Características

  • Título: Unha historia que non vou contar
  • Autor: Cid Cabido, Xosé
  • Número de páginas: 272
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 146 mm. Peso: 415 gr.
  • Año de publicación: Diciembre, 2009
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Narrativa
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499140612
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)