Aser Álvarez González (Bande, 1976) é licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo, máster en Xornalismo e especialista universitario en Comunicación Audiovisual. Ten traballado en prensa, radio e televisión. É codirector do Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo, socio fundador de Arraianos Producións, xestor cultural e autor de libros, guías de viaxes, documentais, formatos audiovisuais, spots e traballos multimedia. O documental "100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro", foi a súa ópera prima, coa que gañóu o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental, o Premio Especial no Festival de Cine de Bucarest e o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, entre outros. "Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro" é un dos seus traballos máis recentes.
Características
Título: Sísifo Confuso. . Traballos e días de Francisco Leiro