Portada del libro Revolución Detrito - ISBN: 9788491214908

Revolución Detrito

De Cea, Xosé

11.53€ / 12.15€ Comprar libro

Xosé de Cea (Barcelona, 1970) é xornalista de profesión. Como tal, traballou para La Voz de Galicia e colaborou en publicacións como A Nosa Terra, Tempos Novos, Praza Pública ou Página Abierta. Na actualidade coordina o periódico Fouce, voceiro do Sindicato Labrego Galego. Tamén traballou de oleiro e profesor de xadrez. A maiores, e isto é o realmente importante, cultivou vocacións temperás na infancia e na adolescencia como as de detective, ladrón de luva branca, inventor especialista en explosivos, guerrilleiro, guitarrista de heavy metal ou aventureiro, entre outras. Se algunha persoa se sentiu algunha vez damnificada por calquera destas inclinacións, debe saber que a culpa case sempre foi dos libros. E, falando de libros, tamén ten publicado algún que outro ao longo dos anos. En poesía, Presenza da fenda (I Premio Letras de Cal, 2001), Solsticio de río (accésit no XIV Certame Francisco Añón, 2010) e Vilareda (2018). En narrativa infantil, O lume dos soños (I Premio Meiga Moira, 2004). E a crónica Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST (2013).En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato " 34, Rue Saint Jacques " . Quérote. Eu tampouco é a súa primeira novela, unha historia engaiolante cun inconfundible pouso cosmopolita.

Características