Portada del libro Raíz da fenda - ISBN: 9788499145273

Raíz da fenda

Dávila, Berta

13.29€ / 14.00€ Comprar libro

Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor. Hai feridas que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar o que eramos antes.

Características

  • Título: Raíz da fenda
  • Autor: Dávila, Berta
  • Número de páginas: 136
  • Características: Alto: 225 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 186 gr.
  • Año de publicación: Mayo, 2013
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Poesía
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499145273
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo