Portada del libro Quéroche contar un conto - ISBN: 9788499141572

Quéroche contar un conto

Fernandez Paz, Agustin; Alfaya, An; Castro Veloso, Francisco; Cermeño, Xosé; Pérez Pintos, Irene

7.83€ / 8.25€ Comprar libro

Dende ASPANAEX queremos darlles o noso máis sincero agradecemento a An Alfaya “Os segredos das cores”, Francisco Castro “A sombra que asombra”, Xosé Cermeño “Historia de don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixar”, Agustín Fernández Paz “Unha amiga secreta” e Irene Pérez Pintos “Cousas que facer un día de chuvia” , que de forma totalmente desinteresada e altruísta se contaxiaron do entusiasmo de Cristina (nai de Raquel) no proxecto de editar un libro de contos, onde os nosos amigos os escritores, coa súa imaxinación encherían as páxinas de palabras e onde as persoas con minusvalía intelectual o pintarían de bonitas cores coas súas ilustracións. Un libro que pretende dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con minusvalía intelectual. este libro é un claro exemplo de cómo estas persoas conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios e se lles dan oportunidades de participar.

Características