Portada del libro Papeliños. Vacacións 3 anos - ISBN: 9788499142784

Papeliños. Vacacións 3 anos

Campuzano Valiente, María Dolores

13.48€ / 14.20€ Comprar libro

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo libre. Ademais, cambian os hábitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares... Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos que trata, que eles vos expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido. Este material didáctico ten como finalidade: • Favorecer a vosa implicación na educación dos pequenos e das pequenas. • Reforzar e repasar os coñecementos adquiridos durante o curso. • Fomentar o traballo autónomo dos vosos fillos e fillas. • Exercitar aptitudes como: a memoria, a atención, a percepción, a coordinación, o razoamento lóxico, a comprensión e expresión oral… • Fomentar a comunicación e o diálogo con eles e con elas. • Reforzar hábitos adquiridos na escola (hixiene, alimentación, descanso, seguridade persoal…). • Desenvolver a creatividade. • Reforzar a aprendizaxe da lectoescritura. Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación.

Características