Portada del libro O coitelo en novembro - ISBN: 9788499141503

O coitelo en novembro

Aleixandre, Marilar

17.09€ / 18.00€ Comprar libro

¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua á muller que convoca ás avésporas como último recurso fronte a cemento e cobiza. Este libro é un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes.

Características

  • Título: O coitelo en novembro
  • Autor: Aleixandre, Marilar
  • Número de páginas: 272
  • Características: Alto: 225 mm. Ancho: 150 mm. Peso: 420 gr.
  • Año de publicación: Junio, 2010
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Narrativa
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499141503
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)