Portada del libro Novos pasos por Bretaña - ISBN: 9788499145907

Novos pasos por Bretaña

Bouzas, Pemón

15.81€ / 16.65€ Comprar libro

Novos pasos por Bretaña é unha experiencia viaxeira que nos axudará a comprender mellor o mundo en que vivimos. Dende estas páxinas achegarémonos ás cruces de pedra e aos calvarios que Castelao debuxou; á maxia e ás lendas retratadas por Cunqueiro; sentiremos o mar navegando polas augas bretoas, falando con mariñeiros, sabendo das tradicións e historias de corsarios; coñeceremos os diferentes tipos de dolmens, menhires e aliñamentos; descubriremos a importancia dos relatos artúricos e do mago Merlín; inserirémonos na historia do ducado de Bretaña, que foi territorio independente ata hai pouco máis de douscentos anos. Pero, sobre todo, tal e como apunta o autor, este é un libro de viaxes que fala “de vivencias, de emocións, de sentimentos, para achegar subxectividade a unha paisaxe máis ou menos vista, a uns monumentos coñecidos, a unha historia e a unhas tradicións incluso manidas”. Como ben di tamén Pemón Bouzas: “A viaxe é do viaxeiro. O libro de viaxes pasa a ser a viaxe do lector, o seu primeiro achegamento ao destino elixido.”

Características

  • Título: Novos pasos por Bretaña
  • Autor: Bouzas, Pemón
  • Número de páginas: 128
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 232 gr.
  • Año de publicación: Diciembre, 2013
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Crónica
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499145907
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)