Portada del libro Modesta proposición e outros ensaios - ISBN: 9788499142319

Modesta proposición e outros ensaios

Pereiro, Lois

11.39€ / 12.00€ Comprar libro

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

Características

  • Título: Modesta proposición e outros ensaios
  • Autor: Pereiro, Lois
  • Número de páginas: 88
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 162 gr.
  • Año de publicación: Marzo, 2011
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Xerais Clásicos
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499142319
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)