Letramola 5 (galego)
Ana María Fernández; Xoán Babarro; Neus Escudero Anglés; Roser Genover Huguet
6.64€ / 7.00€ Comprar libro
Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura. Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos. O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos. No caderno 5 trabállanse as consoantes g, x e ñ, e os grupos gu, gü e ll. Preséntase cada letra a partir dun debuxo, dun conto ou dunha historia con viñetas, que teñen sempre o mesmo protagonista: o mago Bieito. Seguindo a mesma secuencia de aprendizaxe para cada letra, avánzase na formulación de actividades que impliquen un grao maior de dificultade, tanto en relación coa lectura coma coa escritura. Deste xeito, neste caderno encontramos exercicios de comprensión lectora a partir dun texto breve, sobre o cal se deben contestar unhas preguntas que fan referencia a el, copiando frases, completando un texto determinado, etcétera. Continúase a utilizar a letra ligada, tanto nos textos das fichas coma á hora de escribir, cousa que se efectuará dentro de pautas. Ofrécense diferentes tipos de textos: contos, viñetas, cántigas, poemas, recitativos... Algúns deberanos memorizar, ademais de realizar sobre eles outro tipo de actividades (localizar palabras, sílabas...). Tamén se inclúen actividades lúdicas: encrucillados, sopas de letras, frases con pictogramas..., que contribúen á motivación neste longo proceso de aprendizaxe. Engádese unha folla de recortables (fotografías e palabras) que cumplirán para a realización dalgunhas das actividades. En cada ficha propóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden axudar a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que se lles pide, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero e número). Ao final do caderno, hai unha ficha de avaliación con actividades que permiten sintetizar os principais contidos que se traballaron.
Características