Portada del libro Letramola 3 (galego) - ISBN: 9788440310903

Letramola 3 (galego)

Ana María Fernández; Xoán Babarro; Neus Escudero Anglés; Roser Genover Huguet

6.64€ / 7.00€ Comprar libro

Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura. Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos. O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos. No caderno 3 trabállanse as consoantes d, t, s e h. Introducimos tamén o dígrafo nh da nasal velar de "unha" e similares, así como a secuencia -ns dos plurais. Como nos cadernos anteriores, as letras preséntanse a partir dun conto ou dunha pequena historia narrada con viñetas e, deseguido, trabállanse secuencialmente. Ofrécense diferentes tipos de texto: contos, recitativos, poemas, adiviñas e viñetas con pé. Estes textos van en letra ligada, que é a que utilizarán os alumnos para escribir. Trabállanse, ao mesmo tempo, as grafías das maiúsculas correspondentes. Inclúese unha folla de recortables, que serán necesarios para a realización dalgunhas fichas. En cada ficha, ademais das actividades individuais, contémplanse outras que pretenden axudar aos alumnos a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que lles encomendamos, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais. Ao final do caderno, igual que nos anteriores, existe unha ficha de avaliación con actividades de discriminación auditiva, de lectura e de escritura coas letras estudadas.

Características