Portada del libro Illa Soidade - ISBN: 9788499141466

Illa Soidade

Alfaya, An

11.01€ / 11.60€ Comprar libro

Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.

Características

  • Título: Illa Soidade
  • Autor: Alfaya, An
  • Número de páginas: 144
  • Características: Alto: 210 mm. Ancho: 131 mm. Peso: 149 gr.
  • Año de publicación: Mayo, 2010
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499141466
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (cosido)