Xerardo Quintiá (Friol, 1970) trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Está casado, ten un fillo e traballa como axente comercial. Publicou os primeiros traballos na sección cultural «Táboa Redonda», de El Progreso (1988). Dende entón o seu labor literario transita indistintamente por xéneros como a poesía, a literatura infantil e a narrativa para adultos.