Portada del libro Crime en Compostela - ISBN: 9788497822299

Crime en Compostela

Reigosa, Carlos G.

15.81€ / 16.65€ Comprar libro

Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.

Características

  • Título: Crime en Compostela
  • Autor: Reigosa, Carlos G.
  • Número de páginas: 248
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 147 mm. Peso: 379 gr.
  • Año de publicación: Enero, 2009
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Narrativa
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788497822299
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)