Como defenderes os teus dereitos lingüÃsticos
Callón, Carlos
15.81€ / 16.65€ Comprar libro
En Como defenderes os teus dereitos lingüÃsticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no dÃa a dÃa a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións». A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüÃsticos é a maior esperanza para superarmos a difÃcil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guÃa de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüÃsticos que temos recoñecidos. Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capÃtulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patÃbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posÃbeis.
CaracterÃsticas
- TÃtulo: Como defenderes os teus dereitos lingüÃsticos
- Autor:
Callón, Carlos
- Número de páginas: 208
- CaracterÃsticas: Alto: 225 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 323 gr.
- Año de publicación: Julio, 2011
- Editado por: Edicións Xerais
-
Colección:
Edición Literaria - Crónica - Lingua
-
Lenguaje:
Gallego
- ISBN: 9788499142876
-
Formato:
Tapa blanda o bolsillo (con solapas)