Castelao na Unión Soviética en 1938
Alonso Montero, Xesús
16.62€ / 17.50€ Comprar libro
Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil». Algunha é deste calado: «En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allí se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo.» Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil, período no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (Líster, Santiago Álvarez
); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas, e no que recibe (entusiasmado) as gabanzas da crítica soviética sobre a súa condición de «debuxante revolucionario».
Características