Portada del libro Cara a unha poética feminista - ISBN: 9788499142326

Cara a unha poética feminista

19.56€ / 20.60€ Comprar libro

Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán. Con ela, alén de mostrarlle o noso afecto e a nosa empatía, pretendemos dialogar coa súa obra literaria e coa súa posición feminista a través de diferentes aparellos analíticos, incrementando o capital, xa en por si importante, de autores e autoras que teñen deitado a súa ollada sobre a súa obra e sobre o seu discurso teórico. Herdeira dunha tradición que mestura galeguismo e progresismo, María Xosé Queizán non foi allea, como é sabido, á gran revolución socialista e feminista do noso tempo. Desde moi cedo, a conciencia da inxusta situación social, da subalternidade das mulleres na sociedade patriarcal e da represión que sufrían a lingua e a cultura do seu País foron para ela os motores que, pasiño a pasiño, puxeron en marcha o seu traballo, sen que ningún día deixase de ser o primeiro dun futuro mellor para a humanidade.

Características