Portada del libro A Veiga é como un tempo distinto - ISBN: 9788499142333

A Veiga é como un tempo distinto

Moreda, Eva

15.81€ / 16.65€ Comprar libro

Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto. Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.

Características

  • Título: A Veiga é como un tempo distinto
  • Autor: Moreda, Eva
  • Número de páginas: 120
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 200 gr.
  • Año de publicación: Abril, 2011
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Edición Literaria - Narrativa
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499142333
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)