A guerra dos botóns
Pergaud, Louis
11.53€ / 12.15€ Comprar libro
Louis Pergaud ((Belmont, Doubs, 1882 - batalla de Woëvre, Meuse, 1915) foi un escritor francés. Quixo ser científico, pero as súas aspiracións víronse truncadas como consecuencia da morte do seu pai e o escaso nivel adquisitivo da súa familia. Traballou como profesor suplente en Durnes e Landresse e, máis tarde, exerceu de mestre rural. En 1908 publicou o seu primeiro libro de poemas, polo que lle foi outorgado o Premio Goncourt. Será en 1912 cando publique A guerra dos botóns, obra de marcado carácter autobiográfico que narra en ton entrañable e desenfadado as aventuras derivadas da rivalidade entre os mozos de dúas vilas francesas. Pouco tempo despois apareceu Miraut, can de caza, tamén ambientada no medio rural. A publicación destas obras foi simultaneada coa redacción de artigos xornalísticos, poemas, relatos e estudos de psicoloxía animal. Morreu en acto de servizo durante a primeira guerra mundial, na que combatía como sarxento do exército francés.
Características