Portada del libro A Estrela de Oriente - ISBN: 9788499144320

A Estrela de Oriente

Bouzas, Pemón

14.24€ / 15.00€ Comprar libro

Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo de bandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermosos cabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados e sabios. É recollido polos homes de Apelio, xefe das tribos que habitan as altas montañas de Oriente, quen lle explica que están alí para cumprir unha antiga profecía. Únense a eles Amerio, príncipe de todas as tribos do sur, onde se atopan as fontes que enchen de auga os grandes lagos de África e o Nilo, e Malgalath, druída das nacións celtas do norte, transportados prodixiosamente ata ese lugar dende as súas afastadas terras. Os tres, acompañados polo pequeno Aziz, seguirán a Estrela de Oriente, no seu camiño cara a Belén, por ver de atoparen e agasallaren o novo Rei de reis acabado de nacer. A Estrela de Oriente fálanos dun dos grandes mitos de Occidente, os Reis Magos, retratados por Tiziano, Velázquez ou Rubens, que representan para a infancia un dos misterios máis extraordinarios, un dos referentes do calendario, nos que está presente a ilusión, a maxia, a fantasía. Nesta obra destacan aspectos moito máis universais que os que poidan reflectir ideoloxías ou relixións, como a solidariedade, a relación entre culturas e diferentes etnias ou o compromiso.

Características