Portada del libro Xograres dun tempo novo - ISBN: 9788440311184

Xograres dun tempo novo

José Carballude

9.02€ / 9.50€ Comprar libro

Xograres dun tempo novo é unha historia de amor tráxico. Francisca Porta, unha muller recluída nunha residencia da terceira idade, diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas. Neste labor encomiable para tentar paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes desde sempre entre o rural e o urbano, entre a aldea e a cidade, participaron algunhas das figuras máis sobranceiras das nosas letras e artes como Rafael Dieste ou Urbano Lugrís. Francisca Porta rememora este pasado vivencial que tamén lle axuda a levar mellor as feridas magoantes da vida. Novela de actualidade que ten un dobre obxectivo: facer xustiza coa memoria e descubrirlles ós mozos anacos esquecidos da nosa historia.

Características