Papeliños. Vacacións 5 anos
Campuzano Valiente, María Dolores
14.20 € 13.48 €
O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo libre. Ademais, cambian os hábitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares... Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos que trata, que eles vos expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido. Este material didáctico ten como finalidade: Favorecer a vosa implicación na educación dos pequenos e das pequenas. Reforzar e repasar os coñecementos adquiridos durante o curso. Fomentar o traballo autónomo dos vosos fillos e fillas. Exercitar aptitudes como: a memoria, a atención, a percepción, a coordinación, o razoamento lóxico, a comprensión e expresión oral
Fomentar a comunicación e o diálogo con eles e con elas. Reforzar hábitos adquiridos na escola (hixiene, alimentación, descanso, seguridade persoal
). Desenvolver a creatividade. Reforzar a aprendizaxe da lectoescritura. Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación.
- Título: Papeliños. Vacacións 5 anos
- Autor: Campuzano Valiente, María Dolores
- Número de páginas: 64
- Características: Alto: 300 mm. Ancho: 300 mm. Peso: 305 gr.
- Año de publicación: Marzo, 2012
- Editado por: Edicións Xerais
- Colección: Papeliños
- Género: Libros Y Paquetes Interactivos Y De Actividades Didáctica: Educación Personal, Social Y Para La Sa Gallego (galego) Educación Infantil Diseñados Para La Educación En El Hogar Edad De Interés: A Partir De 5 Años
- Lenguaje: Gallego
- ISBN: 9788499142807
- Formato: Tapa blanda o bolsillo
Precio: 14.20 €