Unha novela que desenvolve liricamente un interesante argumento sobre as relacións familiares. Pipa vive na gran cidade como se estivese soa mentres o avó padece tamén a soidade no seu país. Avó e neta non falan a mesma lingua nin pertencen á mesma cultura. Aínda así, Pipa axudada pola boneca Tarnas e o canario Ismael logra crear arredor de seu avó unha atmosfera de comunicación e de cariño. A aparición de dona Baia Maceda, anfitriona das reunións que lle descobren a Pipa un mundo marabilloso, completará o grupo de protagonistas desta singular historia.