Portada del libro Nos camiños do entusiasmo - ISBN: 9788497829496

Nos camiños do entusiasmo

Sanmartín Rei, Goretti

16.00€ / 16.85€ Comprar libro

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país. Para iso aborda os problemas máis urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalización: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións sobre a obra de Manuel García Blanco ou de Ramón Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramón Vilar Ponte e da súa xeración, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.

Características

  • Título: Nos camiños do entusiasmo
  • Autor: Sanmartín Rei, Goretti
  • Número de páginas: 176
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 146 mm. Peso: 253 gr.
  • Año de publicación: Febrero, 2009
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Obras De Referencia - Ensaio
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788497829496
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)