Portada del libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial - ISBN: 9788499141978

Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

Queizán, María Xosé

16.71€ / 17.60€ Comprar libro

A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein. Nese ensaio, a escritora María Xosé Queizán, coa excelente pulsión literaria que a caracteriza, adéntrase na personalidade da creadora británica, convidándonos a unha viaxe a través da súa biografía, a través do contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial, e tamén en torno ao poder que emana do seu personaxe de ficción, o imperecedoiro Frankenstein e o seu significado posterior. Mary Wollstonecraft Shelley herda da súa nai, a autora da Vindicación dos dereitos da muller, morta dez días despois do parto, a súa conciencia feminista e a busca dun racionalismo ilustrado.

Características

  • Título: Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial
  • Autor: Queizán, María Xosé
  • Número de páginas: 160
  • Características: Alto: 220 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 252 gr.
  • Año de publicación: Febrero, 2011
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Obras De Referencia - Ensaio
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499141978
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)