Portada del libro Daniel e os Diversónicos. 5 anos. Segundo Trimestre - ISBN: 9788440311986

Daniel e os Diversónicos. 5 anos. Segundo Trimestre

29.44€ / 31.00€ Comprar libro

O proxecto Daniel e Os Diversónicos ten etre os seus obxectivos principais implicarvos e facervos partícipes do proceso educativo que o voso fillo/a leva a cabo no colexio. Consideramos fundamental a interrelacion familia-colexio e, precisamente con este obxectivo, facémosvos chegar a revista que agora mesmo tedes nas vosas mans e que fará que, xuntando esforzos co persoal do centro educativo, logredes un pleno desenvolvemento das capacidades intelectuais, sociais e emocionais do neno. Neste emocionante proceso acompañará o teu fillo/a un grupo de amigos chamado "Daniel e Os Diversónicos", que serán os portagonistas do proxecto. Como iredes comprobando, grazas a esta banda e á súa propia imaxinación, o voso fillo/a irá explorando ao seu arredor, vivirá emocionantes aventuras, coñecerá novas xentes e culturas, indagará nos seus propios sentimentos, aprenderá novos conceptos, será capaz de relacionarse adecuadamente cos demais... e moitas outras cousas que iremos descubrindo a medida que avance o proxecto! Neste material veredes reflectidos os contidos educativos abordados en cada Unidade, ademais de suxestións sobre actividades para seguir afondando neles: xogos, traballos manuais, receitas, lecturas recomendadas, recursos dixitais, etc, e unha gran variedade de artigos de interese para a educación. Todo iso co fin de que poidades reforzar na casa os contidos traballados na aula.

Características