Portada del libro Contos por palabras - ISBN: 9788499141558

Contos por palabras

Fernandez Paz, Agustin

8.92€ / 9.40€ Comprar libro

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. " Vanesa e o anuncio da televisión " conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. " Un artista de neón " : un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato " O caso do estraño empregado " Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en " Ser superheroe non é doado " e " Noites de lúa chea " . " O libro das infinitas historias " , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Características