Portada del libro Bícame, Frank - ISBN: 9788491513216

Bícame, Frank

Fernández, Miguel Anxo

19.66€ / 20.70€ Comprar libro

O Carballiño, 1955. Investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual. Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006) e Tres disparos e dous friames (2008).

Características

  • Título: Bícame, Frank
  • Autor: Fernández, Miguel Anxo
  • Número de páginas: 272
  • Características: Alto: 210 mm. Ancho: 210 mm.
  • Año de publicación: Abril, 2019
  • Editado por: Editorial Galaxia
  • Colección: Literaria
  • ISBN: 9788491513216
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo