Portada del libro Ámote Leo A. Destino Xalundes - ISBN: 9788499145587

Ámote Leo A. Destino Xalundes

Aneiros, Rosa

13.29€ / 14.00€ Comprar libro

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.

Características

  • Título: Ámote Leo A. Destino Xalundes
  • Autor: Aneiros, Rosa
  • Número de páginas: 312
  • Características: Alto: 215 mm. Ancho: 145 mm. Peso: 529 gr.
  • Año de publicación: Septiembre, 2013
  • Editado por: Edicións Xerais
  • Colección: Infantil E Xuvenil - Milmanda
  • Lenguaje: Gallego
  • ISBN: 9788499145587
  • Formato: Tapa blanda o bolsillo (con solapas)